SINOPSE A natureza, a paz e a cabana eran os grandes anhelos da avoa Alicia. Ela completou a caseta iniciada polo seu pai, engadiulle a hamaca arco da vella e transformouna na cabana máis chula da comarca de Verín e, mesmo, do planeta Terra. Pouco despois do catorce aniversario da neta, a súa avoa tivo que escoitar a chamada dos anxos e foise ao ceo. Pipa Guleta quedou soa, moi angustiada, pero non se podía render, polas súas arterias corría sangue da súa avoa Alicia, unha auténtica leoa. Inesperadamente, Bámel e Naca deixan a cabana e vanse a Chile, a integrarse nunha compañía de circo. Pipa e Kano deciden quedar, era o que os dous querían. O día do seu quince aniversario, eles vanse a ver o amencer desde a roca, que era espectacular. As ilusións acrecentáronse. Desentendéronse do amencer, tiñan outras prioridades. O autor